Onda sonora

Animación dunha onda de compresión.

Unha onda sonora é unha onda lonxitudinal que transmite o que coñecemos como son. Se se propaga nun medio elástico e continuo xera unha variación local de presión ou densidade, que se transmite en forma de onda esférica periódica ou cuasiperiódica. Mecanicamente as ondas sonoras son un tipo de onda elástica.

As variacións de presión, humidade ou temperatura do medio producen o desprazamento das moléculas que o forman. Cada molécula transmite a vibración ás que se encontren na súa contorna, provocando un movemento en cadea. Esta propagación do movemento das moléculas do medio é o que produce no oído humano a sensación descrita como son.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search